Wednesday 15 de May de 2024

O Concello achega a práctica da danza, a música e o teatro ao alumnado dos colexios


O programa “Agora Arte!” é unha actividade do Concello a través da que máis de 1.700 alumnas e alumnos das escolas de infantil e primaria estanse a achegar por primeira vez ás disciplinas artísticas da danza, a música e o teatro. A actividade divídese en tres seccións, nas que as respectivas escolas artísticas municipais realizan mostras dos seus traballos diante do alumnado, co fin de que poida interesarse por algunha destas áreas creativas. As sesións estanse a levar a cabo nos centros educativos, durante 50 minutos dun día lectivo ata final do trimestre.

As familias de Oleiros tamén poden achegarse ás tres escolas artísticas do municipio para coñecer de preto a súa oferta formativa, de grande interese para calquera persoa que se poida sentir interesada pola música, o teatro ou a danza. As tres escolas están en portas abertas permanentes para informar sobre os seus programas formativos e as súas actividades divulgativas.